BASES DA XVII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ. MODALIDADE: NARRATIVA E POESÍA.
PRIMEIRA.- Participantes.
Poderán concorrer anualmente ao certame literario Manuel-Oreste Rodríguez López, todo os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.
SEGUNDA.- Requisitos das obras.
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo.
As obras de poesía terá unha extensión máxima de 100 versos.
En ambos casos, mecanografiadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.
Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou en castelán, debendo estar rematadas con carácter previo á convocatoria.
TERCEIRA.- Presentación das obras.
O prazo de entrega dos relatos e da obra poética rematará o trinta de novembro de dous mil once.
As obras enviaranse por sextuplicado exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:
CONCELLO DE PARADELA
Certame literario
(Modalidade Poesía/Narrativa)
Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15
27611 Paradela-Lugo
En sobre aparte e pechado, constará o lema que distinga o traballo, e no interior o nome e apelidos do autor/a, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda. Abriranse soamente os sobres dos traballos premiados.
No caso de que as obras se remitan mediante correo electrónico, á conta concello.paradela@eidolocal.es, deberán enviarse dous arquivos, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que conterá, no seu interior, o nome e apelidos do autor/a, domicilio, teléfono, poboación de residencia, e declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda.
Este segundo arquivo será custodiado pola Secretaría do Concello, entregando unicamente ao Xurado a obra e o lema da mesma.
No caso de participación en ambos apartados; deberase concursar en cada modalidade por separado, utilizando un lema propio en cada caso e presentando a obra por separado.
Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Paradela relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calqueira momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.
CUARTA.- Premios.
Establécese un Premio de seiscentos euros (600,00 €) para a obra que resulte seleccionada polo Xurado dentro do apartado de poesía e outro de seiscentos euros (600,00 €) para a obra que resulte seleccionada polo Xurado dentro do apartado de narrativa.
O xurado reservase a facultade de conceder os accesits (carentes de dotación económica), que estime oportunos.
O autor ou autores premiados convocaranse ao acto de entrega de premios, o día que estableza o xurado.
QUINTA.- Fallo do Xurado.
O Xurado designado polo Concello de Paradela emitirá o seu fallo no mes de abril de 2012 e farase público polos medios de comunicación; comunicándose persoalmente aos gañadores.
O Xurado pode deixar deserto o premio nun ou nos dous apartados; e a súa decisión será inapelable.
SEXTA.- Dereitos sobre as obras presentadas.
O Concello de Paradela resérvase, en exclusiva, o dereito de edición das obras premiadas e accesits durante o prazo máximo de doce meses, contados dende o momento do fallo.
As obras non premiadas, así como as súas correspondentes plicas, non serán devoltas, sendo destruídas despois da proclamación de gañadores do certame literario Manuel Oreste Rodríguez López-2011.
SÉTIMA.- Prerrogativas.
A resolución de todas as cuestións que poidan xurdir ou formularse nesta convocatoria son de exclusiva competencia do Concello de Paradela e do Xurado.
Paradela 2011.