• 01 Oct 12

XORNADA DE DIVULGACIÓN DA MARCA CASTAÑA DE GALICIA

O Concello de Paradela organiza unha charla en colaboración coa I.X.P. Castaña de Galicia que se celebrará o xoves, 4 de outubro ás 12:00 h no Centro Sociocultural Manuel Oreste.

 

A charla que impartirá persoal da I.X.P. está orientada tanto para aqueles emprendedores que estén buscando unha alternativa laboral como a propietarios de soutos para coñecer os últimos avances existentes na recollida e nos tratamentos como para o público en xeral interesado en coñecer máis sobre este producto.