• 13 Oct 22

Ampliación do prazo para solicitar o Bono cultural novo

Amplíase o prazo para solicitar o Bono cultural novo ata o día 31 de outubro ás 23.59 h. O Bono Novo Cultural é unha axuda directa de 400 euros a quen cumpre 18 anos ao longo do ano 2022 para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais.

 

a) Artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais: entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais, ata un máximo de 200 euros por persoa beneficiaria.

 

b) Produtos culturais en soporte físico: libros; revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD, ou os coñecidos como Blu-ray, ata un máximo de 100 euros por persoa beneficiaria.

c) Consumo dixital ou en liña: subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, compra de cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (os coñecidos como podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas, ata un máximo de 100 euros por persoa beneficiaria.

Novidade: podes entregar a túa solicitude impresa en papel de maneira presencial en calquera Oficina de Correos xunto co teu DNI ou TIE. Alí axudaranche a presentar a solicitude ante o Ministerio de Cultura e Deporte, sen necesidade de Certificado electrónico, DNIe, Cl@ve PIN ou Cl@ve permanente.

Ampliación do prazo publicada no BOE do 11 de outubro de 2022

https://bonoculturajoven.gob.es/