LER CONTA MOITO, EN PARADELA
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais neste caso o Concello de Paradela
A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia como é a Biblioteca Municipal de Paradela, ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.
Neste programa está a actividade (para nenos de entre 6 a 12 anos): "As superheroínas do noso pobo. Obradoiro de ilustración." impartido por Estefanía Padullés Estevez. Levarase a cabo o luns 13 de xuño as 10:30 h da mañá, na Biblioteca Municipal de Paradela.