Concesión de subvención por parte do IDAE ao Concello para reforma de alumeados públicos
0 17 de xaneiro de 2019 ten entrada no Concello de Paradela (Lugo) a Resolución do IDAE pola que estímase FAVORABLEMENTE a solicitude de axuda ao CONCELLO DE PARADELA, formulada no contexto do Real decreto 616/2017 de 16 de xuño polo que regúalse a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezcan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. (Fondos da Unión Europea)
A axuda ascende a 106.366,40 € dun proxecto de 132.958,00 € dentro da Medida 06 de Renovación das instalacións de alumado, iluminación e sinalización exterior co obxectivo específico OE 431 de eficiencia enerxética na edificación e nas infaestruturas e servizos públicos.
O proxecto consiste na Renovación de instalacións de iluminación exterior, actuando en 250 puntos de luz dos 1.029 puntos de luz existentes, sustituindo as actuais luminarias por luminarias LED máis eficientes, e actualizando 49 cadros (pobos) de mando existentes para adaptalos á normativa vixente.
Con esta actuación se disminuirá a potencia de 21 kW a 8,75 kW e se conseguirá un aforro enerxético estimado do 72 %.