• 16 Nov 17

Reforma das instalacións - Mellora das infraestruturas e bens do Camiño francés e gastos nos que incorran os Concellos

 

En cumprimento das obrigas de información e publicidade, ao abeiro do Convenio de colaboración asinado entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Paradela para a actuacións de mellora e mantemento, de atención e información ao peregrino e de promoción do Camiño Francés-anualidade 2017.

Dentro da liña 1 do citado Convenio, que ten por obxecto a mellora das infraestruturas e bens do Camiño francés e gastos nos que incorran os Concellos; o Concello de Paradela, procedeu á reforma das instalacións de alumeado exterior dos núcleos do Camiño Francés ao seu paso por Paradela, en concreto nos núcleos de Cortes, Francos, Moutrás, Rozas, Tellada e Sesmonde, mediante o subministro e instalación de 38 luminarias LED de 30W-840 e o acondicionamento dos cadros xerais de mando e protección existentes, comprobando o funcionamento das proteccións e a instalación de posta a terra, cunha resistencia de posta a terra non superior a 30 ohmios, co fin de:

- Acadar unha mellora da eficiencia enerxética das instalacións de alumeado, e en consecuencia lograr unha mellora ambiental mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmósfera, así como aforro económico-

- Diminuír a contaminación lumínica.

- Garantir a seguridade nas instalacións

- Mellorar as prestacións das instalacións, cuns niveis de iluminación axeitados ás vías que iluminan

- Reducir gastos asociados ao servizo de alumeado público, tanto por mantemento da instalación como por factura enerxética.

O importe total ascendeu a 13.000,00 € financiados na súa totalidade pola Axencia de Turismo de Galicia.