• Galego
  • Español

Cultura

Vostede está aquí

Paradela conta co centro sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López, con dirección en Praza Fraga Iribarne, 5. É punto de información xuvenil, con acceso a Internet gratis e ampla biblioteca atendia por persoal cualificado, salón de actos no que se celebran presentacións de libros, conferencias, cursos e outras actividades culturais. O Concello de Paradela, co afán de potenciar a creación literaria, convoca desde hai máis de 20 anos o Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López.

A Paradela máis histórica alberga unha excelente arquitectura relixiosa cun contido artístico e cultural que merece ser coñecido en profundidade e que sorprenderá a todos aquellos que pensaron en Paradela como un destino de fin de semana.

Concello de Paradela