• Galego
  • Español

Normativa de uso

Usted está aquí

USOS PERMITIDOS

Con carácter xeral, considéranse usos permitidos os seguintes:

  • A execución de tarefas de retirada de especies invasoras.

  • A práctica da pesca, cumprindo o establecido na Orde anual de pesca, pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autonómica de Galicia.

  • O uso recreativo e as actividades de tempo libre, que non provoquen un deterioro das condicións naturais do ENIL. As actividades de tempo libre, tales como navegación e flotación, sempre que o caudal do río posibilite a súa práctica, deberán cumprir o disposto no Regulamento do Dominio Público Hidráulico, nos seus artigos 55 a 68 da sección 3ª, capítulo II, Título II

  • Obras de mellora nas vías sen que supoña un deterioro dos valores naturais que se pretenden protexer.

  • Muros de contención, peche e valado de fincas, sempre e cando non afecten á zona de servidume para uso público e adecuándose ao establecido no artigo 33.2 da Lei do Solo.

  • En xeral, calquera actividade destinada a mellorar as condicións naturais e paisaxísticas deste espazo ou a facilitar a realización de actividades científicas e didácticas, así como escolares e divulgativas.

USOS AUTORIZABLES

Considéranse sometidos a autorización administrativa os seguintes usos:

  • A escavación ou modificación da topografía do terreo.

  • Aquelas actividades que supoñan unha perda dos valores considerable, un deterioro significativo dos ecosistemas ou unha alteración apreciable das condicións de habitabilidade para as especies presentes no ENIL.

  • A apertura de camiños e movemento de terras, ademais das vías de saca de madeira. É preciso destacar que, tanto os camiños ou as vías que se atopan no dominio público hidráulico e na súa zona de policía requirirán autorización previa do Organismo de Conca.

  • As construcións e instalacións destinadas a establecemento de acuicultura.