10 de marzo: Clausura do Bicentenario de Paradela
O venres 10 de marzo, ás 13:00 horas, terá lugar o acto de clausura do Bicentenario de Paradela.
Na Casa da Cultura, recepción do Presidente da Xunta de Galicia, autoridades e invitados. Descubrimento da placa conmemorativa do Bicentenario. No Mercado, clausura de exposicións, entrega das Medallas de Ouro de Paradela, e peche oficial do Bicentenario. Actuación da Banda de Parade. Ao final, servirase un viño da Ribeira Sacra.
O Concello convida a todos os paradelenses a participar nestes actos.