• 09 Jan 23

BANDO: UNIDADE MÓBIL ITV

JOSÉ MANUEL MATO DÍAZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PARADELA (LUGO), Pon en coñecemento dos veciños deste municipio, que dende o 27 de XANEIRO ao 03 de FEBREIRO de 2023 desprazarase a este Concello unha unidade móbil (Supervisión y Control, S.A. ITV), en horario de 9 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde, agás os días 27/01/2023 e 03/02/2023, que será só en horario de mañá. A unidade móbil instalarase na VILA DE PARADELA, (NO MERCADO GANDEIRO), co obxecto de realizar inspeccións periódicas a vehículos agrícolas, así como de obras e servizos que a súa velocidade máxima por construcción non supere os 40 Km/h, a súa tara (peso en vacío) non supere 8.000 Kg, nin exceda de 2.500 mm na súa anchura (SÓ VEHÍCULOS MATRICULADOS).

Descargar bando (PDF)