• Galego
  • Español

Aspectos Xerais

Vostede está aquí

Os ENIL (Espazo Natural de Interese Local) son espazos integrados nun termo municipal, que polas súas singularidades son merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais.

O ENIL Loio-Ruxidoira é un espazo natural protexido que foi declarado definitivamente como tal con data de 22 de febreiro de 2013. Sen embargo, esta declaración aínda que non implica a súa inclusión na rede galega de espazos protexidos, sí que implica a adopción dun plan de xestión e conservación, o cal incluirá as medidas máis adecuadas para preservar, manter e restablecer os valores naturais facéndoas viables. Neste senso, establécese o DECRETO 40/2013, de 21 de febreiro, polo que se aproba o Plan de conservación do espazo natural de interese local Loio-Ruxidoira.

 

 

 

Publicación DOG Declaración definitiva do ENIL Loio Ruxidoira

Publicación DOG plan conservación espazo ENIL Loio Ruxidoira

O ámbito do ENIL Loixo-Ruxidoira atópase no termo municipal de Paradela, provincia de Lugo, e conta cunha superficie de 437 hectáreas.

Os límites do ENIL Loio-Ruxidoira localízanse dentro das parroquias de Loio, San Martiño de Castro, As Cortes, Castro, A Laxe, Suar, Paradela, Vilaragunte, Francos, Barán e Ferreiro.

 

 

 

 

 

O interés natural do ENIL radica fundamentalmente no Río Loio e a súa vexetación autóctona, entre as que atopamos carballos e soutos centenarios, bosques de ribera e, formaciones naturais de matorral. Entre os valores de maior interese turístico, patrimonial e etnográfico, destacan as ruinas do Mosteiro de Santa Maria de Loio, os muiños e Pontes e os roteiros de senderismo.

En comparación co territorio circundante, o ENIL Loio-Ruxidoira destaca pola súa alta cobertura arbórea e escaseza de zonas abertas o que condiciona a fauna existente, dominada por aqueles elementos característicos de bosques e zonas frescas e húmidas.

Climáticamente, o ENIL Loio-Ruxidoira presenta un carácter intermedio entre as zonas frescas e húmidas do centro e norte de Lugo e as zonas de tendencia mediterránea propias do sur da provincia, como é o caso do val do río Miño ata, aproximadamente, a zona sur do concello de Lugo.

Polo tanto, na zona podemos observar un mestura de especies de ambos ambientes, onde destacan os elementos máis térmicos.

 

 

O río Loio é o que dá nome ao ENIL e transcorre por toda a súa superficie, servindo de eixo central da área de protección. Este río nace entre os termos municipais de Sarria e Paradela, na confluencia cos regatos de As Devesas, Couso e As Lamas, desembocando no encoro de Belesar. Cun escaso caudal e unha lonxitude de 20 quilómetros aproximadamente, presenta varios afluentes e regatos tanto na súa marxe esquerda como dereita. Cabe destacar a presenza da ruta de sendeirismo PR G 14 Ruta do Loio, que discorre paralela ao río nos seus últimos oito quilómetros.

 

As terras que forman parte do ENIL atópanse a unha altitude que varía entre os 325 metros de mínima e os 620 metros de máxima sobre o nivel do mar e están situadas a unha distancia aproximada de 85 quilómetros da costa. as condicións climáticas da área do ENIL son axeitadas para o desenvolvemento de masas de frondosas, cuxo sistema radicular as converte en aptas para soportar a escaseza de chuvias na época estival.

 

Dadas as condicións climáticas, favorables ao desenvolvemento de vexetación autóctona, establécese que a principal limitación para o desenvolvemento vexetativo non é tanto de tipo climático senón que debida á orografía da zona.

Neste sentido e máis concretamente, será o factor pendente o maior condicionante, ao limitar o desenvolvemento de solos profundos en diversos puntos do ENIL.

 

Cal é o uso actual do solo?

O concello de Paradela dan conta da marcada vocación gandeira do concello . Así, de acordo cos datos do ano 2020, das 12.111 hectáreas de superficie total do concello: .

  • 5.433 hectáreas, é dicir, un 45% da superficie total, corresponde a superficie de cultivo e prado.

  • 5.301 hectáreas, un 44% da superficie total, corresponde a superficie forestal.

  • 1.378 hectáreas, un 11% da superficie total, corresponde a outras superficies.

Por outra banda, a información máis actualizada dispoñible no SIOSE, que é o Sistema de Información sobre Ocupación do Solo de España, integrado dentro do Plan Nacional de Observación do Territorio (PNOT); mostra a presenza dos seguintes tipos de cobertura de solo na área ocupada polo ENIL:

 

 

Frondosas caducifolias: trátase de masas compostas, nun 80%, por castiñeiros e carballos. No que respecta aos castiñeiros, estes están presentes con carácter de semi-cultivo , con maior presenza nas zonas máis húmidas e sombreadas.

 

Cultivos e prados: este tipo de cobertura do solo ten unha escasa presenza no conxunto do ENIL, se ben é o tipo de aproveitamento con maior presenza na súa contorna, debido ao elevado peso da actividade gandeira na economía do concello de Paradela. As áreas de cultivos e prados que se atopan dentro dos límites do ENIL, son de tipo semi-natural e están constituídos por agrupacións de herbáceas, espontáneas e sementadas, destinadas á produción de forraxe. Este forraxe, ben é consumido directamente polo gando que pace nos prados, ou ben, é segado e ensilado.

 

Coníferas: as coníferas con maior presenza no ENIL son os piñeiros. No conxunto do ENIL identifícase pequenas plantacións de monocultivo principalmente da especie Pinus radiata, distribuíndose de forma moi dispersa ao longo de toda a superficie de ENIL.

 

 

Matogueira: a súa presenza dentro do ENIL limítase nas zonas de maior altitude e nos solos máis pobres, áreas que, no seu conxunto, non superan o 5% da súa superficie total.

Viñedos: na rexión máis occidental do ENIL, na ribeira que limita co encoro de Belesar, localízase unha área de solo de 2,8 ha de superficie, dedicada actualmente ao cultivo da viña. Esta superficie pertence ás parroquias de Loio e Cortes e, polo tanto, quedan enmarcada dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra – Subzona do Miño, tal e como se recolle na Orde, do 23 de outubro de 2018, pola que se adopta decisión favorable en relación coa solicitude de rexistro da modificación do prego de condicións da denominación de orixe protexida Ribeira Sacra. No que respecta ao cultivo do viñedo, o achado de muros nas actuais zonas de carballeiras revela que, antano, este cultivo ocupaba unha superficie maior cá actual. Neste sentido, o porte das frondosas observadas en campo permite estimar que as explotacións vitivinícola foron abandonadas fai máis de medio século.